HomesociedadeMelloras no Luis Bodegas de Monforte

Melloras no Luis Bodegas de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Nesta primeira semana de decembro deron comezo os traballos de impermeabilización da cuberta dos vestiarios da fase nº 1 do Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas de Monforte. O obxectivo das obras é solucionar os problemas de filtracións que vén rexistrando o edificio e que están orixinando prexuizos e incomodidades ós usuarios da instalación.

Nos vindeiros días tamén se procederá á substitución da rede parabalóns motorizada que está ubicada detrás de cada unha das porterías dos campos de fútbol 7 que dan á grada.

A inversión para estas melloras no Campo Luis Bodegas supera os 17.000 euros. A empresa encargada de realizar a impermeabilización da cuberta e Esmón Estructuras de Construcción S.L.U. e o importe da obra é de 14.118,87 €.

A empresa encargada da substitución da rede parabalóns motorizada é Toldos Ourense e o importe da obra é de 2.964,50 €.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...