IniciosociedadeMúsica e solidariedade no Nadal de Sober

Música e solidariedade no Nadal de Sober

A Escola Municipal de Música de Sober celebra o domingo, día 15, o Concerto Solidario de Nadal. Na actuación, que será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural, participa o coro infantil, o coro Berea, a Banda de Música de Sober, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o PAI de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Ademais deste concerto para o que desde o Goberno local pídenlle aos asistentes que colaboren coa entrega dun quilo de comida non perecedoira que será entregada ás familias que máis o precisen, a programación de Nadal en Sober conta con outras actividades culturais, musicais e lúdicas.

Mañá, mércores 11, será a presentación do libro Teatro Completo (1996-2019) de Xosé Lois García no marco das actividades do Club de Lectura Pintor de Castinande. Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural. A Casa da Cultura acollerá o venres 13, a presentación da curtametraxe Malcavada, de Antonio Mourelos. Nesta xornada e o20 de decembro as Merendas con Contos farán obradoiros de decoración de Nadal, ás 16:00 horas na Biblioteca Pública Municipal.

O mércores 18 de decembro ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural acollerá a presentación da Guía Paadín 2020, unha guía de viños, bodegas e destilados de Galicia publicada por Luis e Alejandro Paadín. O 20 de decembro celebrarase o

O Festival Escolar de Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme celebrarase o día 20; e o 21 de decembro ás 19:30 horas haberá un concerto das Xuventudes Musicais de Sober no Centro Sociocultural. Os días 26 e 27 de decembro haberá de novo Merendas con Contos no Nadal. O 28 de decembro o Concello programa unha Festa infantil de Nadal no pavillón do CEIP Virxe do Carme con xogos, obradoiros e inchables ao longo de todo o día.

Xa no vindeiro ano, 2020, o día 2 de xaneiro inaugurarase o centro de xogo infantil ‘A Mariola’. Nas Merendas con Contos do día 3 entregaranse os premios dos certames convocados polo Concello e a actuación do grupo O Trícole. O 4 de decembro Xingros Big Band ofrece un concerto de aninovo ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.

Os Reis Magos visitarán Sober o día 5 con regalos para todos os asistentes e actuación do contacontos ‘Un paxe real en apuros’, ás 11:30 horas na Casa da Cultura.

O Concello de Sober mantén ademais aberta a inscrición para os concursos de poesía, postais e beléns.

ÚLTIMAS

RIOTORTO, EPICENTRO DA ARTESANÍA DO FERRO DE GALICIA

A XV Feira de Artesanía do Ferro foi presentada o pasado 18 de abril coa presenza...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...