Homesociedade50 parados formándose en floraría e instalación de mobles

50 parados formándose en floraría e instalación de mobles

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 77.600 euros á posta en marcha de tres cursos para traballadores desempregados na Unidade de Acción Formativa de Monforte de Lemos. A programación do centro para o vindeiro ano suma case medio cento de prazas nas especialidades de floraría e instalación de mobles.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo dos cursos é mellorar a empregabilidade dos participantes proporcionándolles novos coñecementos en especialidades con boas perspectivas de integración no mercado laboral.

Os participantes que superan as actividades de formación acceden a un certificado de profesionalidade. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.

A consellería vén de seleccionar ás entidades que se encargarán de impartir as diferentes accións formativas. O primeiro curso en poñerse en marcha en Monforte será o de Actividades auxiliares en floraría, que se impartirá entre o 13 de xaneiro e o 20 de abril do 2020.

No mes de marzo comezará un curso sobre Instalación de mobles que se prolongará ata o mes de setembro. Igualmente, entre maio e setembro desenvolverase unha acción formativa sobre Actividades de floraría.

ÚLTIMAS

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas...