HomesociedadeAlbores fala de discapacidade no IES Daviña Rey

Albores fala de discapacidade no IES Daviña Rey

Dende o ano 1999 que se fundou Albores, os esforzos foron encamiñados a dar a maior cobertura posible ás variadas necesidades das persoas con enfermidade mental e ás súas familias. Na actualidade Albores centra a atención na rehabilitación psicosocial e laboral.

Publicado o

- Advertisement -

Aproveitando que o pasado día 3 de decembro foi o Día Mundial da Discapacidade, as profesionais da Asociación Albores Saúde Mental desenvolveron unha xornada de formación básica sobre discapacidade, co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Daviña Rey. Nestes obradoiros a terapeuta ocupacional e a traballadora social de Albores abordan concepto e tipos de discapacidade, importancia da igualdade de oportunidades e adaptacións para conseguila.

Aínda que ambas profesionais traballan actualmente no eido da discapacidade por problemas de saúde mental, estes obradoiros serán de contido máis xeral, pois as dúas teñen experiencia previa con outros colectivos da discapacidade.

Albores no Daviña Rey / Albores

 Albores

Dende o ano 1999 que se fundou Albores, os esforzos foron encamiñados a dar a maior cobertura posible ás variadas necesidades das persoas con enfermidade mental e ás súas familias, coa finalidade de que acadasen o maior grao de autonomía posible e de funcionalidade psicosocial, manténdoas no seu entorno habitual e sen illalas da comunidade. Neste colectivo existe unha grande heteroxeneidade que fai imprescindible a realización dunha intervención multi e interdisciplinar, flexible e adaptada ás necesidades individuais en permanente cambio, posible a través da visión da “Rehabilitación Psicosocial e laboral”

A Rehabilitación Psicosocial defínese como o “conxunto de intervencións que teñen como meta global axudar ás persoas con discapacidades psiquiátricas a vivir na comunidade e a mellorar o seu funcionamento psicosocial de modo que poidan manterse no seu entorno social e familiar nunhas condicións o mais autónomas, normalizadas e independentes que sexa posible”

Así, no ano 2001 púxose en marcha un Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) en Monforte de Lemos que foi seguido pola apertura dunha vivenda tutelada con 4 prazas, e para ampliar a cobertura das necesidades deste colectivo e tendo en conta a gran ruralidade e dispersión xeográfica da zona Sur de Lugo abriuse en 2010 un novo CRPL en Chantada

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...