Homesociedade"Debuxa o teu Nadal" no Incio

“Debuxa o teu Nadal” no Incio

O concello vén de convocar o concurso infantil de ilustracións relacionadas con estas festas.

Publicado o

- Advertisement -

Haberá dúas categorías. Poden participar os nenos e nenas de 3 a 6 anos (categoría A) e os/as de 7 a 12 anos (categoría B).

Pídeselles que fagan un debuxo relacionado co Nadal (tamaño A5) e que o entreguen no Concello xunto cun sobre no que figuren os seus datos: nome e apelido, idade, teléfono e enderezo postal.

Os traballos que participen no concurso poderán entregarse ata o 2 de xaneiro e serán expostos no salón multiusos do Concello do Incio. O día de Reis todos os asistentes terán a oportunidade de votar un debuxo por categoría.

Premiarase o debuxo máis votado en cada unha das categorías e haberá un obsequio para todos e todas os participantes.

En edicións anteriores deste certame a ilustración gañadora pasaba a ser a postal de felicitación que o concello enviaba ás veciñas e veciños.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...