HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra orgullosa de que o territorio sexa "coñecido e...

A D.O. Ribeira Sacra orgullosa de que o territorio sexa “coñecido e recoñecido”

“Podemos sentirnos orgullosos de desenvolver entre todos este proxecto conxunto que fai que hoxe o noso territorio sexa coñecido e recoñecido”, José Manuel Rodríguez, presidente do C.R.D.O.R.S.

Publicado o

- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres, 13 de decembro, o seu tradicional xantar de Nadal, unha cita de confraternidade na que se reúnen adegueiros, persoal laboral e representantes da Administración. O xantar tivo lugar, nesta ocasión, en casa Quinteliña, en Chantada, e un ano máis aproveitouse para entregar os galardóns ás adegas premiadas no Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes” que se celebrou no mes de xullo no Valle d´Aosta (Italia).

O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, acudía o pasado 1 de decembro a recoller os premios que hoxe entregaron aos seus destinatarios as autoridades presentes. José Manuel Rodríguez aproveitaba para sinalar, “Cando a comezos da década dos 90 se comezaba nesta realidade que é a D.O. Ribeira Sacra non esperabamos chegar onde hoxe está Ribeira Sacra. Podemos sentirnos orgullosos de desenvolver entre todos este proxecto conxunto que fai que hoxe o noso territorio sexa coñecido e recoñecido. Deixamos caderno e bolígrafo para que os mozos continúen escribindo a historia e poidan seguir vivindo e traballando na Ribeira Sacra. Hoxe temos un modo de vida que debemos deixalo nas mellores condicións posibles para as novas xeracións”.

Posteriormente entregábanse os premios do CERVIM, organismo que comezaba andaina xunto coa D.O. Ribeira Sacra. Un ano máis os viños da D.O. Ribeira Sacra triunfaron neste certame. A D.O. Ribeira Sacra presentaba a esta edición 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtiña 19 premios:

Categoría Viños Brancos anada 2018

Medalla de Ouro:

  • VIÑA GAROÑA– 2018, Adegas Viña Garoña
  • GODELLO VIA ROMANA – 2018, Bodegas y Viñedos Vía Romana
  • BLANCO JOVEN “ABADIA DA COVA” – 2018, Adegas Moure S.A

Medalla de Prata:

  • ALMALARGA– 2018, Alma das Donas S.L.U. 

Categoría Viños Tintos

Medalla de Ouro:

  • VIÑA MEZQUITA – 2018, José Manuel Vidas López
  • VIÑA PEÓN – 2018, Ernesto Rodríguez Pérez
  • CASTROFIZ BARRICA – 2017, José Luis Pedreira
  • DON COSME – 2018 , EDV 2015, S.L
  • FINCA CUARTA POR RUBÉN MOURE – 2018, Rubén Moure Fernández
  • REGINA VIARUM – 2018, Regina Viarum SL

Medalla de Prata:

  • CAPADOR – 2017, Adega Tear
  • VAL DA LENDA – 2018, Víctor Manuel Rodríguez López
  • DON BERNARDINO – 2018, Don Bernardino SL
  • TRADICIÓN – 2017, Jorge Feijoo González
  • MALCAVADA – 2018, Araceli Vázquez Rodríguez
  • PRÓMINE – 2018, Bodegas Petrón

Categoría Viños tintos tranquilos producidos nas vendimas 2016 e anteriores

Medalla de Ouro:

  • REGINA VIARUM ECOLÓGICO – 2016, Regina Viarum S.L
  • DON BERNARDINO FINCA MEZQUITA – 2014, Don Bernardino S.L
  • CONDADO DE SEQUEIRAS BARRICA – 2016, Adegas Condado de Sequeiras

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...