HomesociedadeFirma de protocolo para o centro de maiores de Pantón

Firma de protocolo para o centro de maiores de Pantón

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo firma co concello de Pantón un protocolo para a futura construción dun Centro de Atención a Maiores, un acordo de colaboración entre ambas institucións que se explicitará nun convenio que se asinará o vindeiro ano.

A sinatura do protocolo do Presidente co Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez,  demostra, subliñou José Tomé, que na Deputación “cumprimos coa nosa palabra e que as manifestacións que fixo o Partido Popular sobre a residencia de Pantón, poñendo en dúbida a nosa vontade de construíla, eran mentiras e inventos, como xa lle dixemos no Pleno de agosto no que ratificamos o noso compromiso coas residencias previstas”.

Na actualidade, a Rede de Protección Social da Deputación, integrada polos centros de maiores e os servizos de teleasistencia domiciliaria e axuda no fogar, mantén uns 300 postos de traballo. Os Orzamentos de 2020 reservan unha partida de 30M€ para políticas sociais, dos que 9M€ irán destinados ao funcionamento das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo, e para a apertura das da Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, así como para avanzar no equipamento das de Meira e Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...