HomesociedadeO Incio aposta pola maxia para o Nadal

O Incio aposta pola maxia para o Nadal

O Concello programa tres espectáculos de maxia e completa así a programación cultural e lúdica para estas datas.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira das actuacións será o día 23 de decembro co mago Samuel Moreno, concursante do programa de televisión Got Talent. Ás 19:00 horas no salón multiusos do Concello.

A segunda será o día 29 de decembro co sarrián Roberto Lolo, un clásico xa no concello. Terá lugar no centro social do Val do Mao ás 19:00 horas.

Roberto Lolo. Foto: R.L.

E a terceira está prevista para o 30 de decembro co Mago Rafa ás 19:00 horas no local social de Vilademouros.

Con estas tres actuacións, de carácter gratuíto e pensadas para todos os públicos, complétase así o programa de actividades para estas festas. Segundo Héctor Corujo, o alcalde, trátase “de ter unha oferta cultural e lúdica no noso Concello da que poidan gozar os nenos e nenas e tamén os adultos”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...