HomesociedadeOs Reis visitan Bóveda o domingo e O Incio o luns

Os Reis visitan Bóveda o domingo e O Incio o luns

Publicado o

- Advertisement -
O Concello de Bóveda organiza para este domingo, día 5, a súa tradicional visita dos Reis Magos de Oriente. Primeiro visitarán as instalacións do centro para persoas con discapacidade DomusVi. Ás 17:30 horas teñen prevista a súa chegada ao Centro Sociocultural onde entregarán agasallos a todos os nenos e nenas.
Ao longo deste sábado, o Concello de Bóveda ten previstas dúas actividades. A inauguración da exposición de fotografía ‘Bóveda na noite’, de José Camilo López Pérez ás 17:00 horas e a presentación de ‘Cinco historias para unha man’ a cargo de Micromina Títeres, ás 18:00 horas.

E no Incio a Asociación as Xeitosas, en colaboración co concello organiza para o luns, día 6 de xaneiro, unha cabalgata de Reis. Ás 17:30 horas farase a saída desde a residencia da terceira idade. De seguido, haberá chocolate e roscón de reis para todos e todas diante do Concello do Incio.

Esa tarde tamén se van coñecer aos gañadores do concurso infantil ‘debuxa o teu Nadal’ organizado polo Concello do Incio. Todos os debuxos que participen no concurso serán expostos no salón multiusos do Concello do Incio. O día de Reis todos os asistentes terán a oportunidade de votar un debuxo por categoría. Premiarase o debuxo máis votado en cada unha das categorías e haberá un obsequio para todos e todas os participantes.

ÚLTIMAS

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...

Charla informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Centro Cívico de Monforte

Con esta actividade, o Concello de Monforte quere ofrecer información e asesoramento técnico especializado...

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...