HomesociedadeO paro castigou a comarca de Chantada o pasado mes de decembro

O paro castigou a comarca de Chantada o pasado mes de decembro

No lado positivo salientar a redución moderada do desemprego nas comarcas de Sarria, Lemos e Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Os datos referidos á contratación no derradeiro mes do 2019 nas comarcas que cubre este xornal foron bos, aínda que sempre se espera máis tendo en conta o tirón comercial que se espera sempre do Nadal.

Contabilizando o total dos datos das comarcas de Sarria, Lemos, Chantada e Quiroga, o saldo reflicte unha redución do paro en 64 persoas. Agás Chantada, o resto de comarcas viron como baixaba o número de desempregados/as.

Os números do desemprego por comarcas quedan así: na comarca de Lemos abandoaron a condición de parados/as 20 persoas, quedando cun total de 1577; a comarca de Quiroga baixa en 27 e queda con 285 parados/as; en Sarria atoparon traballo 29 persoas e quedan con 1096 e Chantada aumenta en 12 persoas quedando con 612.

Por concellos, o desglose queda do seguinte xeito:

Na comarca de Quiroga, unha das que ofrece mellores resultados, Ribas de Sil queda con 56 desempregados/as (-6), Folgoso do Courel con 50 (-5) e Quiroga con 179 (-16).

Na demarcación de Lemos, Bóveda queda con 58 (+2), Pantón con 94 (+4), A Pobra do Brollón 74 (+3), O Saviñao 156 (-2), Sober 110 (+2) e Monforte 1085 (-29).

En Chantada, a peor parada neste pasado mes de decembro, Taboada contabiliza 95 desempregados/as (-2), Carballedo 66 (+2), e Chantada 451 (+12).

Na comarca de Sarria, O Incio queda con 46 anotados/as no paro (-8), Láncara con 113 (-4), Paradela 43 (+4), O Páramo non sofre variación, Samos 36 (-7), Triacastela 32 (+3), e Sarria 790 (-17).

Dende o sindicato CC.OO. fan unha lectura moderadamente optimista destes datos do paro. Insisten na precariedade, referindo que 9 de cada 10 contratos foron temporais, e láianse de que moitos deles, a maioría do sector servizos, rematarán despois de Reis.

Aproveitando o proceso de formación de Goberno a nivel nacional esperan que este derogue os aspectos máis lesivos da reforma laboral que tanto dano está a facer aos traballadores e traballadoras.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...