HomesociedadeConciliación laboral e familiar na Pobra do Brollón

Conciliación laboral e familiar na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un programa para axudar a salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. O programa é totalmente gratuíto e está aberto a tódolos nenos e nenas que asistan ao CEIP A Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

O programa consiste en acompañar aos pequenos no horario previo á apertura do colexio da Pobra. Profesionais especializados de servizos sociais ofrecen actividades lúdicas e educativas, que se adaptan ás necesidades dos nenos.

O horario, tamén flexible, é de 8:00 ata que abre o colexio ás 9:30 da mañá. Dende servizos sociais recalcan que as familias poden unirse de xeito puntual ou en días soltos, non necesariamente teñen que usar o servizo de luns a venres.

As familias interesadas aínda poden sumarse ao programa. Para facelo ou para pedir máis información, poden contactar con servizos sociais nas súas oficinas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, no teléfono 982430447 ou no correo electrónico educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...