HomesociedadeTres novos Policías Municipais en Monforte

Tres novos Policías Municipais en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Os tres novos axentes da Policía Local de Monforte son Antonio Portela González, natural de Vigo, Óscar José Lorenzo Pérez, natural de Ferrol, e  José Olaf Fernández Fuente, natural de Monforte. Os axentes ocupan a súa praza no Concello de Monforte, encadradas na escala de Administración Especial, escala básica, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

Os tres axentes superaron en abril de 2019 o proceso selectivo que por entón abriu o Concello para a cobertura de 3 prazas da Policía Local de Monforte. Deste xeito, os tres axentes iniciaron un  proceso formativo na Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada que alternaron con diversos períodos de prácticas no propio Concello de Monforte.

A finais do pasado ano, os tres axentes superaron satisfactoriamente o seu proceso formativo polo que a súa incorporación como funcionarios ó Concello puidose materializar neste comezo de ano.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...