HomesociedadeA Pobra do Brollón mellora a memoria e usa o móbil

A Pobra do Brollón mellora a memoria e usa o móbil

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha dous talleres gratuítos, un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral.

Publicado o

- Advertisement -

Os dous talleres son os mércores na Casa da Cultura; o da memoria é de 11 a 12 horas e o do móbil, de 12 a 13 horas.

O taller da memoria ten por obxectivo mellorar a calidade de vida dos participantes e fomentar as relación sociais, mantendo e mellorando a concentración, a atención e as capacidades cognitivas. Úsanse técnicas diversas como actividades lúdicas grupais, fichas, pasatempos, etc.

O taller de uso do móbil busca instruír no funcionamento básico dos teléfonos, aplicacións básicas, xestións para facer dende o móbil, etc. Adaptarase o contido do taller ás necesidades dos participantes.

As persoas interesadas aínda poden anotarse na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, no teléfono 982430447 ou no correo electrónico educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal

ÚLTIMAS

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...