HomesociedadeA arte da poda

A arte da poda

Enoturismo Galicia organiza, como todos os anos, as súas xornadas de poda, abertas a todas as idades.

Publicado o

- Advertisement -

O proceso de poda da vide é unha arte, unha actividade manual que crea como resultado, o froito da vide coas características desexadas pola adega. Primeiramente visitarase o viñedo, onde se explicarán as características de cada variedade. Seguirase coa explicación de poda (que cortar, número de xemas que hai que deixar…) os seus beneficios para a planta e comezarase a podar xunto co técnico ou responsable da adega.

Posteriormente visitarase a adega onde se informará sobre os procesos de vinificación e onde se procederá a catar os viños desta. Para finalizar realizarase unha degustación de produtos típicos galegos maridada cos mellores caldos da adega anfitrioa.

A actividade ten un prezo de 30 euros por persoa. Será necesario contar cun mínimo de 2 persoas e máximo 15 persoas por grupo. Para máis información e reservas contactar con Enoturismo Galicia. Tlf: 676 101649  / info@enoturismogalicia.es

ÚLTIMAS

Os Ministreles: “Nalgunha parroquia xa é o cuarto ano consecutivo que acudimos”.

“Somos un pequeno grupo de amigos unidos pola música tradi, porqué o noso único...

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...