IniciosociedadeMonforte promociona en Fitur o seu pasado xudeu

Monforte promociona en Fitur o seu pasado xudeu

O Concello de Monforte, participou, xunto cos concellos de Tui e Ribadavia, nun acto no que todos eles reivindicaron a importancia turística e cultural  do patrimonio sefardí que comparten. Son estas as 3 cidades galegas que se integran na Rede de Xuderías de España, formada por 22 cidades.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, iniciou a súa intervención resaltando que “o noso obxectivo é poñer en valor o noso pasado xudeu que temos en común, que supón un importante influxo cultural que chega ata os nosos días e tamén un potencial turístico moi importante. É para min unha enorme satisfacción poder mostrar hoxe no Stand de Galicia en FITUR, unha pequena mostra da importancia e a pegada que a cultura xudía deixou ao longo dos séculos na cidade de Monforte”.

O rexedor monfortino explicou que os membros da Rede de Xudería “actuamos de forma conxunta en defensa do patrimonio histórico e do legado xudeu, promovendo proxectos culturais, turísticos, académicos e realizando unha política de intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo dos pobos, das culturas e das tradicións”.

Por iso, o Equipo de Goberno de Monforte, potencia e destaca o pasado sefardí da cidade, coa promoción de iniciativas que axuden a potenciar os recursos culturais relacionados con dito pasado. “En definitiva”, salientou o Alcalde  “estamos ante unha historia oculta moito tempo, desvelada logo de 500 anos e agora recuperada, defendendo o legado xudeu, que é fundamental para o enriquecemento da nosa cultura e a potenciación da nosa oferta turística”.

Antes de rematar a súa intervención José Tomé Roca desvelou que para esta presentación dende o Concello se elaborou un vídeo promocional, de dous minutos e medio, que se proxectou no stand de Galicia logo de rematar o seu discurso, “un vídeo que é un exemplo claro da pervivencia da cultura xudía na cidade de Monforte dende a época dos Reis Católicos ata os nosos días” e que ten por obxectivo animar ós que o vexan a visitar a cidade do Cabe e descubrir a súa importante pegada sefardí.

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...