HomesociedadeO Incio promociónase polo mundo cunha postal

O Incio promociónase polo mundo cunha postal

O Concello do Incio promociónase polo mundo a través dunha postal na que se pode ver a imaxe nevada da igrexa de San Pedro Fiz do Incio. A foto foi feita por Tariq Dajani, da Casa da Cabaza.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno local fixo entrega de 800 exemplares desta postal cos calendarios locais de 2020 que tamén repartiu entre os veciños e veciñas. A idea é que envíen a postal, que leva o franqueo pagado, a familiares e amigos que vivan ou estean polo mundo e que estes lles manden a foto de volta dos lugares aos que chega.

“É unha maneira máis de seguir dando a coñecer O Incio”, explica o alcalde, Héctor Corujo, “e de que as persoas ás que lles chega a postal, por lonxe que estean, queiran vir a coñecernos. Un reclamo máis do noso Concello”.

As postais entregáronse nas datas de Nadal e xa comezan a chegar as primeiras fotos. O Goberno municipal invita aos veciños e veciñas a compartilas a través das redes sociais mencionando ao Concello, tanto no Facebook, como no Twitter ou no Instagram.

A primeira foto que recibiron da postal tivo como destino o país de Malta. Todas as postais recibidas serán difundidas a través das redes sociais co obxectivo “de ver o lonxe que pode chegar O Incio”.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...