HomesociedadeBóveda aforrará un 73% na factura da luz

Bóveda aforrará un 73% na factura da luz

O Concello de Bóveda avanza nos traballos de renovación da iluminación pública, o proxecto atópase executado ao 60% e conta cun orzamento de 225.470 euros, que permitirá a renovación de 432 puntos de luz e 8.000 metros de liñas eléctricas

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto de renovación da iluminación posto en marcha polo concello contempla a instalación de 432 lámpadas tipo led en farois que ata agora funcionaban con lámpadas convencionais. Tamén inclúe a colocación de 18 novos cadros eléctricos con acendido mediante programador astronómico e protección contra sobretensións transitorias, térmicas e temporais. Cambiaranse ademais 8.000 metros de liñas eléctricas en distintas parroquias e núcleos de poboación.

O proxecto conta cunha achega do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) a través do Ministerio de Transición Ecolóxica dalgo máis de 180.000 euros, financiados con fondos europeos FEDER. Esta cantidade cubrirá o 80% do custo económico total desta renovación da iluminación pública, que ascende a 225.470 euros. A contía restante, preto de 45.000 euros, asúmea o Concello de Bóveda.

Os técnicos encargados de elaborar o proxecto estiman que o aforro no consumo de enerxía eléctrica será dun 73%. O consumo eléctrico final pasará dos 141.028 kilovatios hora actuais a 38.489 kilovatios.

As actuacións estanse a levar a cabo en Bóveda, Ribas Pequenas (Souto-A Veiga e Chorente), Rubián, Freituxe (Covelo), Ver (Os Paxaros, Martín, Lamela, A Lomba, O Couso), Teilán (Ribeira, A Chá), Tuimil (Xulián, Barxa, O Moredo, Mazaira, Meruz, Vilaboa), Martín (Bustelo, O Val, Regulfe, Filgueiro, Outeiro, Casbeiro e Piñeiro), Vilalpape (Vilarbuxán, Marzán, e Val de Miotos), Remesar (Augalevada, A Portaxe, e Fontaíña) e Mosteiro.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, destaca a importancia deste proxecto “de gran envergadura para a localidade”, que permitirá un importante aforro para as arcas municipais.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...