HomesociedadeConciliación e política social en Sober

Conciliación e política social en Sober

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, visita en Sober os servizos de conciliación e atención aos maiores

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Política Social, Fabiola García, vense de reunir co alcalde de Sober, Luis Fernández, para coñecer de primeira man os servizos de conciliación de atención aos maiores da localidade lucense. Durante a súa visita, achegouse ata a residencia de maiores, onde a Xunta financia 17 das súas prazas, e ao punto de atención á infancia.

A conselleira sinalou que Sober é un exemplo de atención aos maiores xa que as súas veciñas e veciños contan coa posibilidade de elixir onde queren pasar esta etapa das súas vidas, ben nas súas casas ou nun punto de atención aos maiores.

Así mesmo, Fabiola García destacou a importancia de que as distintas administracións colaboren e manteñan un contacto constante para poder impulsar medidas conxuntas e mellorar así a calidade de vida dos seus cidadáns.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...