IniciosociedadeA colleita 2019 da D.O. Ribeira Sacra cualificada como MOI BOA

A colleita 2019 da D.O. Ribeira Sacra cualificada como MOI BOA

O panel de cata valorou 10 referencias, representativas das 5 subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), catando mostras de pequenas e grandes adegas, e mostras de depósito e xa en mercado, para ter un abano diverso, co obxectivo de determinar unha calidade media dos viños, que resultou ser MOI BOA, cunha puntuación de 7.5.

Publicado o

- Advertisement -

Integraban o panel de cata, que se deu cita en Portomarín:

  • Constantino Iglesias, Asociación Galega de Catadores
  • Alejandro López Facorro, Asociación Sumilleres de Gallaecia
  • Ana Isabel Fernández Escudero, Asociación VitisLucus, expertos en análise sensorial e enoturismo
  • Maira Ratón Fernández, Asociación Galega de Enólogos
  • Waldo Carreiras Albo, representante Consumidores Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • José María Martínez Alonso, representante Distribución Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra
  • Alfonso Losada Quiroga,experto en Análise Sensorial de Viños
  • David Pascual Rodríguez, experto en Análise Sensorial de Viños
  • Mar Vilanova de la Torre, experta en Análise Sensorial de Viños
  • José Luis Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Viños

Mar Vilanova de la Torre, experta en Análise Sensorial de Viños, sinalaba, “A nivel olfativo moi bos e sobre todo en boca. Vese unha evolución moi boa. Eses toques de froita co frescor que lles dan os aromas vexetais outorga unha moi boa estrutura en boca. Nos viños catados había variedade, vese o efecto terroir, as diferenzas dos viños segundo as subzonas. É unha D.O. con moita variedade segundo a orixe e iso dálle características diferentes”.

José Luis Hernáez Mañas, experto en Viticultura e Análise Sensorial de Viños aseguraba “A colleita cualificouse como moi boa, pero a min interésame destacar, despois do tempo que levo sen vir, a evolución dos viños da D.O. Ribeira Sacra cara a personalidade. O viño, cando o tomas, identifícalo con Ribeira Sacra. Son viños fantásticos con eses aromas da uva Mencía, boca intensa, padal sedoso e moitos dos viños catados teñen un postgusto na boca extraordinario. É unha zona que percorreu un fantástico camiño e se Ribeira Sacra é declarada Patrimonio da Humanidade, como merece, o viño, que é unha expresión histórica e cultural da zona, tamén será Patrimonio da Humanidade.”

O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar ós consumidores sobre a calidade dos viños que se van a atopar no mercado. A primeira cata de cualificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde entón, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, a excepción do 2000, e os últimos dous anos, que foron “EXCELENTES”.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...