HomesociedadeO concello do Incio renovará 1.154 luminarias

O concello do Incio renovará 1.154 luminarias

Con esta actuación diminuirá a potencia contratada de 70,11 kW a 39,29 kW, conseguíndose un aforro enerxético estimado do 62,02%. O investimento total no proxecto ascende a 522.478 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio vén de recibir unha resolución pola que se estima favorable a solicitude de axuda para a renovación de instalacións de iluminación exterior no conxunto do municipio. A subvención concedida polo Instituto para la diversificación y el ahorro de la energía (IDAE) para a renovación no alumeado público exterior consiste na renovación das luminarias existentes (VMCC e VSAP) por luminarias LED máis eficientes. Substituiranse 1.154 e actuarase en 64 dos 95 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente.

Con esta actuación diminuirá a potencia contratada de 70,11 kW a 39,29 kW, conseguíndose un aforro enerxético estimado do 62,02%.

O investimento total no proxecto ascende a 522.478 euros, dos que o IDAE achega un importe máximo de 417.982,40 euros ao amparo das subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A contía restante correspóndelle pagala ao Concello.

O alcalde, Héctor Corujo, subliña a importancia de ter acadado esta subvención, posto que vai permitir a renovación da iluminación en todo Concello, ao tempo que suporá un importante aforro na factura que se viña pagando polo consumo de luz pública.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...