HomesociedadeRegulación do tráfico en Monforte por obras en Dr. Teixeiro

Regulación do tráfico en Monforte por obras en Dr. Teixeiro

O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na rúa Dr. Teixeiro por obras que se levan a cabo durante esta fin de semana no tramo entre o enlace coa rúa Julio Camba e a Praza de Abastos.

Publicado o

- Advertisement -

As obras consistirán na corrección de baches existentes na rúa Dr. Teixeiro, propiciados polo afundimento dalgúns adoquíns en dita calzada. Levantarase os adoquíns afundidos ou deteriorados, que serán nivelados co resto da calzada, que é de pedra. Os traballos levaranse a cabo durante esta fin de semana en dúas fases.

O sábado, día 7, pola tarde, as obras acometaranse no tramo correspondente entre o inicio da rúa Ricardo Quiroga e a Praza de Abastos, quedando o tráfico nese caso aberto por Julio Camba, con subida por Ricardo Quiroga, e baixada por Praza de España e rúa Bailén para acceder á Praza de Abastos e á rúa Inés de Castro.

O domingo, día 8, pola mañá, farase a parte correspondente ó tramo entre o enlace da rúa Julio Camba e Ricardo Quiroga, e nese caso cortarase o tráfico na entrada á rúa Julio Camba dende a rúa Roberto Baamonde, facendo o acceso á Praza de Abastos e rúas colindantes pola rúa Corna e pola rúa Real-Campo da Virxe e Santo Domingo-Praza de España.

ÚLTIMAS

Lemos Le celebra o Día das Bibliotecas co lema: “Contra a desinformación, bibliotecas”

Unha das datas máis importantes para o colectivo, é o 24 de outubro, Día...

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...