HomesociedadeSuspendida a realización de queimas nos terreos rústicos ata novo aviso

Suspendida a realización de queimas nos terreos rústicos ata novo aviso

Ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural lembra que a realización de queimas nos terreos rústicos está suspendida ata novo aviso, de acordo coa resolución publicada este domingo pola Xunta no Diario Oficial de Galicia sobre a situación de emerxencia sanitaria como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Así, no punto décimo quinto desta norma dise que se suspenden estas prácticas e tamén que quedan sen efecto as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas ou efectuadas. Igualmente, suspéndese a solicitude de novas autorizacións, así como a posibilidade de realización de novas comunicacións para queimas nos terreos rústicos.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, tanto ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como a través do teléfono anónimo de denuncias destas condutas, o 900 815 085.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...