HomesociedadePiensos Senra non é Inditex, pero axuda tanto ou máis doando material

Piensos Senra non é Inditex, pero axuda tanto ou máis doando material

O pasado mércores, Inditex comprometíase a enviar a España, máscaras e material para atender as necesidades dos hospitais na loita contra o coronavirus. Ao parece ese material chegará nas próximas horas, mentres outras empresas aportan o que teñen preto.

Publicado o

- Advertisement -

A empresa monfortina Piensos Senra S.L., vén de entregar ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos este sábado, 21 de marzo, material de protección contra o coronavirus. A empresa fixo entrega de batas e gafas desbotabeis, que axudarán neste momento de crise sanitaria no que se evidencia a falta deste tipo de medios na sanidade.

Piensos Senra, a empresa da que ata hai uns meses era presidenta do Centro Comercial Urbano de Monforte, conta con máis de 20 anos de traxectoria na distribución de pensos para animais.

Material Piensos Senra / AP

Nun sector similar móvese Comercial Mida, a empresa de Taboada, tamén no sur de Lugo, que hai uns meses se daba a coñecer pola grande cantidade de máscaras sanitarias que exportou, sobre todo a China. Hoxe a empresa de Taboada concentra a súa actividade na alimentación de animais, as máscaras desapareceron hai unha semana e con elas, xeles, guantes e outro material. “O que quede será intervido polo goberno tal e como anunciou,” sinalan desde Comercial Mida.

Tenda Comercial Mida / Comercial Mida

Varias empresas de subministración do sector primario están desenvolvendo unha importante colaboración nesta situación de crise. Así, como xa publicou Xornal de Lemos, o concello de Sober xestionou coa empresa local PulviPlass Ibérica, a entrega gratuíta de sulfatadoras de alta presión con máscara protectora para entregar en todos os Concellos da Ribeira Sacra.

Sulfadoras / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...