HomesociedadeA Unesco acepta a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A Unesco acepta a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial conseguiu situarse entre as 24 propostas internacionais de inscrición elixidas para ser presentadas e sometidas a debate na 45 sesión do Comité da Unesco, que se celebrará durante 2021.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres, 27 de marzo, a Xunta acaba de saber que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, foi aceptada como a proposta de España para esta sesión e, con iso, entra en avaliación para a súa posible inclusión na Lista do Patrimonio Mundial, da que xa forman parte en Galicia a Cidade Vella de Santiago, o Camiño Francés, os Camiños do Norte, a Muralla de Lugo e a Torre de Hércules.

A Xunta expresou a súa satisfacción por esta noticia, “froito do traballo e do esforzo conxunto das administracións e da sociedade civil”, e que “abre importantes perspectivas de crecemento e desenvolvemento sostible para este territorio”. En particular, agradeceu a implicación das deputacións de Ourense e Lugo, dos concellos da contorna e das diferentes entidades locais, como o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, entre outros.

UNHA ZONA CON VALOR UNIVERSAL

A candidatura está baseada nun “profundo e importante traballo técnico”, precisou a Xunta, impulsado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, no que se destaca “o valor universal excepcional desta zona”. A Ribeira Sacra, engaden, constitúe unha “testemuña excepcional da cristianización do Occidente de Europa”, un territorio no que se desenvolveu un movemento ascético de eremitas e anacoretas que ocuparon os vales do Sil e do Miño e que, co tempo, foi substituído por unha fecunda implantación monacal.

Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil | turismo.gal

Ribeira Sacra acolle a maior concentración de románico rural de Europa, e ademais do seu patrimonio cultural e arquitectónico, é coñecida por ser un dos máximos expoñentes  internacionais da viticultura de montaña, ou viticultura extrema, “é unha paisaxe viva e o máximo expoñente da relación entre home e natureza”, lembra a Xunta.

Tras coñecerse esta selección, o presidente da Deputación de Lugo, José Tome, mostrou a súa satisfacción por este paso, do que reivindicou o seu “impacto positivo” na provincia a nivel turístico e económico.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...