HomesociedadeCasos activos en Geriatros Monforte reclaman nova intervención da UME

Casos activos en Geriatros Monforte reclaman nova intervención da UME

A confirmación, esta semana, de casos activos de Covid19 na residencia do Morín (6, segundo os últimos datos), en Monforte, incrementa a preocupación polo que poida acontecer nos próximos días. O concello solicita unha nova intervención da UME.

Publicado o

- Advertisement -

A finais de marzo, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), dentro do operativo Operación Balmis posto en marcha polo Ministerio de Defensa, desprazáronse ata Monforte para levar a cabo tarefas de desinfección e limpeza, naquel entón, un dos puntos nos que se actuara era esta residencia.

O concello de Monforte vén de solicitar á Subdelegación do Goberno de Lugo, unha nova intervención da UME, para a desinfección nos mesmos lugares públicos que na anterior ocasión:

  • Hospital Comarcal de Monforte.
  • Casa do Concello de Monforte.
  • Residencia de Geriatros, na rúa Morín.
  • Asilo de anciáns Fogar de San José.
  • Residencia da Xunta de Galicia, no Malecón.
  • Asimédica, na rúa Ourense.

Dende o inicio da crise sanitaria debido ó COVID-19, o exército tivo presencia en Monforte en tres ocasións, dúas veces para labores de control xunto coa Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local, e noutra ocasión para labores de desinfección.

O obxectivo desta nova petición de intervención non é outro que volver a desinfectar zonas e lugares da cidade nos que se concentran persoas que forman parte de colectivos de especial risco ante este virus. En verbas do Alcalde, “é moi importante que estean desinfectadas zonas da cidade que supoñen un potencial perigo por seren entornos que reúnen un constante movemento de xente. O noso obxectivo é manter os lugares de máis presencia de persoas o máis asépticos posible”.

Tomé Roca concluíu salientando que “dende o Concello, a través da empresa FCC, que é encargada da recollida do lixo e da limpeza viaria da cidade, seguimos levando a cabo labores diarias de desinfección, prestando especial atención á desinfección de rúas, papeleiras ou contedores, a fin de evitar a propagación deste virus COVID-19”.

Limpeza Monforte Covid19 / XdL

ÚLTIMAS

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...