HomesociedadeCursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

As accións formativas presenciais serán de balde e para persoas que precisen de orientación na aprendizaxe e posta ao día das novas tecnoloxías. Ofertaranse 2 cursos que se desenvolverán na segunda quincena de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación ‘E para Dixitalizarse, Lugo’ na que a través de 2 cursos formativos poderá mellorar as súas habilidades tecnolóxicas básicas. As accións de aprendizaxe das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) serán presenciais e gratuítas, terán lugar do 12 ao 29 de xaneiro e faranse en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

OS 2 CURSOS DE FORMACIÓN

Un primeiro curso, baixo o título de ‘O teléfono móbil, primeiros pasos, será os días 12–16 e 19 e 20 de xaneiro. O obxectivo deste é que as persoas participantes se familiaricen co uso básico do teléfono móbil, aprendendo dun xeito sinxelo e práctico a manexar as súas funcións esenciais: como configurar o dispositivo, utilizar aplicacións de uso cotián como a mensaxería instantánea, as redes sociais ou os mapas, e aplicar medidas de seguridade básicas para un manexo responsable.

O segundo curso, co título de ‘Firma digital / Ch@ve 365 / Certificados varios. Aplicacións do Sergas, facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica’ farase os días 21, 22, 23 e 26–29 de xaneiro. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan, dun xeito sinxelo e práctico, a desenvolverse no contorno dixital das administracións públicas.

INSCRICIÓNS

Cada curso ten 12 prazas e para anotarse hai que encher un formulario na seguinte páxina web: https://yparadigitalizarselugo.com/gl/seleccionar-municipio/

En caso de dúbidas, os e as interesadas/os poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón no teléfono 982430447.

ÚLTIMAS

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...