Homesociedade81 hospitalizacións na provincia de 533 casos activos

81 hospitalizacións na provincia de 533 casos activos

A semana continúa coa tendencia á baixa na aparición de novos casos activos por Covid19 na provincia de Lugo. Cóntase con 533 casos activos, dos que 81 están en hospitalización. As residencias da zona sur manteñen o número de afectados, se ben no CAPD de Sarria, infectáronse 2 traballadores máis.

Publicado o

- Advertisement -

Cada día segue baixando o número de persoas que pasan a incrementar os casos activos na provicia, onte eran 63 os novos contaxios detectados, e hoxe foron 12 máis. Tamén son 12 os pacientes ingresados na UCI, igual ca onte; 5 atópanse no Hospital Público da Mariña e 7 no HULA.
81 persoas están en hospitalización, 2 máis ca onte; 18 delas no Hospital Público da Mariña, 11 no Hospital Público de Monforte e o resto no HULA). Increméntase en 10 os casos confirmados que están confinados na casa e chegan a un total de 440 na provincia.

Nas residencias de anciáns, na zona sur, mantéñense os casos activos, 1 na DomusVi Chantada, 1 na Virgen de la Luz (Monforte), 2 DomusVi Monforte de e na residencia de Castro Caldelas 7, ademais dunha persoa falecida. Os traballadores infectados nas residencias galegas son 165, entre os que se atopan 1 da DomusVi Chantada e 4 na Residencia Domusvi Monforte.

Os centros galegos para persoas con disicapacidade, conta con 46 usuarios diagnosticados como casos activos; deles 7 pertencen ao CAPD de Sarria. Os traballadores confirmados son 38 e a maioría están no CAPD de Sarria, 11, 2 máis ca onte. A Vivenda Tutelada Agora de Monforte conta tamén cun traballador diagnosticado.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...