HomesociedadeMúsica desde Sober para achegar esperanza durante o confinamento

Música desde Sober para achegar esperanza durante o confinamento

A gravación foi feita por cada un dos músicos na súa casa e editada e montada polo director da Banda de Música de Sober

Publicado o

- Advertisement -

A Banda de Música de Sober vén de lanzar unha peza coa que pretende encher os fogares de esperanza nestes momentos de crise. A Banda de Música de Sober estrea canle de Youtube con esta peza e co concerto que fixeron co grupo local Os Parentes o pasado ano. O vídeo, que tamén vai ser distribuído nas redes sociais da formación e do Concello de Sober, forma parte dunha comedia musical na que a canción ‘This is me’ foi gañadora dun Globo de Ouro.

O director da Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro, explica que se trata dunha canción “esperanzadora, que te enche de boas vibracións neste tempo de dificultades”. O director da Banda de Música de Sober explica que lle fixo á formación a proposta de gravar a distancia, aínda que houbo xente que non puido participar porque estaba traballando fóra ou estudando e non dispuñan dos instrumentos. Os que puideron colaborar mandaron os vídeos desde as súas casas, que despois Franqueiro montou con medios propios e moitas horas de traballo e arranxos para obter o mellor resultado final posible, tendo en conta as circunstancias.

Asegura que foi unha experiencia enriquecedora, non só polo resultado final, senón porque é unha forma de que os músicos sigan tocando, de manter o contacto con eles e de que se visualice que “nada debe apagar a nosa música”.

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...