HomesociedadeMartes de Pascua, festivo en Monforte sen honras á Virxe de Montserrat

Martes de Pascua, festivo en Monforte sen honras á Virxe de Montserrat

O Concello ten a intención de celebrar un acto á Patroa, a Virxe de Montserrat, cando se supere o estado de alarma e se recupere unha certa normalidade que permita esta celebración.

Publicado o

- Advertisement -

A festividade relixiosa propia do Martes de Pascua, este día 14 en Monforte de Lemos, queda aprazada, dada a imposibilidade de celebrar este tipo de actos litúrxicos por mor do estado de alarma decretado ante a pandemia do COVID-19.

Así, unha vez sexa posible a celebración de actos relixiosos, levarase a cabo unha misa na honra da Virxe de Montserrat e dita misa terá lugar un martes pola tarde, a fin de emular o tradicional Martes de Pascua.

Tras a celebración eucarística, procederase a celebrar unha procesión coa imaxe da Virxe polo atrio da Igrexa da Régoa, igrexa na que se mantén exposta mentres duren as obras de restauración que se están a levar a cabo na Igrexa de San Vicente. Da mesma forma, e como é tradición, neste acto o Alcalde da cidade renovará os votos coa Virxe e procederase á bendición dos campos. Finalmente, a imaxe volverá ó altar da Igrexa da Régoa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...