HomesociedadeOs máis pequenos dan ánimo e esperanza no Saviñao

Os máis pequenos dan ánimo e esperanza no Saviñao

O concello do Saviñao felicita aos alumnos e profesorado de Infantil do colexio de Escairón pola creación dun vídeo onde os escolares trasladan diversas mensaxes de forza ante a situación que está a provocar o coronavirus e dan “ánimo e esperanza a todas as persoas”.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o Concello expresan así o seu agradecemento polo documento audiovisual, e recoñecen, apunta o alcalde, Carlos Armesto, que “emociona ver como os nosos nenos e nenas están a levar tan ben o confinamento”. A este respecto, manifesta que se senten “orgullosos de todos eles, así como de todos os profesionais que traballan no centro”. O vídeo pode verse nas redes sociais do concello.

“Sen lugar a dúbidas, os máis cativos estannos a dar unha lección. A súa actitude amosa a importancia de que non podemos baixar a garda e de que os veciños temos que seguir facendo caso das recomendacións que fan as autoridades sanitarias”.

E o Concello vén de mercar 4.000 máscaras para axudar aos veciños e veciñas do Saviñao a combater o coronavirus. Son máis de 6.300 máscaras a que se puxeron a disposición da cidadanía: 4.700 compradas directamente; a Xunta de Galicia doou 1.472 (Concello: 2.100 luvas, 964 máscaras, 19 traxes de protección, 13 botes de xel hidroalcohólico, 15 garrafas de lixivia e 2 buzos /  vivendas comunitarias: 1.100 luvas, 6 botes de xel hidroalchólico, 11 garrafas de lixivia, 508 máscaras, 3 batas de plásticos, 6mandiles de plástico e 6 pantallas protectoras); e 220 entregadas por Confecciones Elper. A este material hai que sumar as pantallas de protección doadas polo colexio de Escairón.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...