HomesociedadeTriacastela promociona hostalería e produtos locais con receitas tradicionais

Triacastela promociona hostalería e produtos locais con receitas tradicionais

O Concello de Triacastela lanza unha iniciativa a través das súas redes sociais Facebook e Instagram coa que promocionar os negocios de hostalería e restauración, así como os produtos locais a través de receitas tradicionais.

Publicado o

- Advertisement -

Grazas á colaboración de bares, restaurantes, casas de turismo rural e de todo o sector da hostalería e restauración que se anima a participar, o Concello irá difundindo receitas tradicionais con ingredientes típicos de Triacastela, como pode ser a carne, o embutido, o queixo ou o mel, entre outros.

Búscase, tal e como explica a rexedora, Olga Iglesias, que as persoas que os vexan saiban o bo produto que hai en Triacastela, que o sigan mercando e que poidan acudir a degustalo unha vez poidan retomar a actividade.

A alcaldesa agradece a colaboración de todos os negocios do sector que están a compartir as súas receitas, que desde esta semana comezaron a ser difundidas a través das redes sociais do Concello de Triacastela.

“Imos apostar polo produto galego e polo noso, polo que queremos que as redes sociais sexan un escaparate do mellor que temos en Triacastela; a nosa gastronomía e os mellores locais para poder desfrutala”, precisa.

Entre as propostas que xa foron publicadas, un cocido a base de produtos locais, carne de cachena San Breixo ou croquetas de xamón.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...