HomesociedadeIniciadas as obras do paso do Camiño Francés na saída de Triacastela

Iniciadas as obras do paso do Camiño Francés na saída de Triacastela

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada LU-633, na traza do Camiño Francés, en Triacastela.

Publicado o

- Advertisement -

Estes traballos, adxudicados á empresa OVISA Pavimentos y Obras, S.L.U. por un investimento de case 45.000 euros, contan cun prazo de execución estimado de 3 meses.

Trátase do acondicionamento dun antigo treito en curva da estrada LU-633, no punto quilométrico 28+000, en Triacastela, xusto á saída da capitalidade do concello, con destino a uso público e de recreo.

As tarefas principais comprenden a reposición do firme da calzada, saneándoo e estendendo unha capa de mestura bituminosa en quente. Tamén se instalará unha barreira de seguridade que protexa a nova zona de lecer con respecto á calzada da estrada autonómica. A intervención incluirá a nivelación do espazo entre estradas para a súa humanización con zonas verdes e colocación de mobiliario urbano.

O proxecto ten como obxectivo mellorar esta contorna coincidente co paso do Camiño Francés co fin de incrementar a seguridade e comodidade no tránsito dos usuarios da estrada e tamén dos peregrinos.

Esta actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta complementa a intervención executada no ano 2019 na mellora da seguridade viaria do Camiño Francés no treito en común coa LU-633, na que se investiron preto de 566.000 euros.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...