Homesociedade6 millóns para que os concellos do sur da provincia tomen medidas...

6 millóns para que os concellos do sur da provincia tomen medidas nesta crise

A Deputación de Lugo inxecta case 6M€ -5.868.113,53€- nos concellos da Zona Sur da provincia para que podan impulsar medidas fronte á crise do coronavirus Covid-19 mediante o Plan Único 2020 e o adianto dos pagos mensuais ata xuño.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación adapta o Plan Único 2020 abrindo unha nova liña de gasto para que os concellos poidan utilizar a metade dos fondos que perciben, a medidas sociais ante o coronavirus. Así, os municipios da Zona Sur recibirán preto de 6M€ do Plan Único, dos que poderán destinar máis de 2,9M€ a paliar os efectos do coronavirus.

Adiántaselle, ademais, aos concellos que teñen delegada na institución a xestión de impostos, o importe correspondente aos pagos mensuais de abril, maio e xuño, o que supón unha inxección directa de preto doutros 2,9M€ nos concellos do sur da provincia, que ven así mellorada a súa liquidez para asumir gastos imprevistos, o pago a empresas e provedores ou as medidas que consideren oportunas.

O presidente, Tomé Roca, manifesta que estes fondos “contribuirán, non só a cubrir servizos sociais e velar pola calidade de vida e o benestar da cidadanía, senón tamén e de maneira moi importante á reactivación da economía e do emprego unha vez rematado o estado de alarma. Esta inxección económica repercutirá, no caso de investimentos ao abeiro do Plan Único, na contratación sobre todo de pequenas e medianas empresas, moitas de ámbito local, o que axudará a recuperar o pulso das economías locais”.

Outra das novidades do Plan Único 2020 é a flexibilización dos prazos para que os concellos teñan a marxe suficiente, amplíase un mes tanto o prazo de contratación, pasando do 30 de setembro ao 30 de outubro, como o prazo para adxudicar os investimentos, quedando ata o 30 de novembro.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...