HomesociedadeHomenaxe na Pobra do Brollón a quen loita contra o coronavirus

Homenaxe na Pobra do Brollón a quen loita contra o coronavirus

O concello da Pobra do Brollón organizou este mércores un acto para homenaxear aos corpos de seguridade, profesionais sanitarios e aos veciños e veciñas pola loita colectiva fronte ao coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Representantes do Concello, a Garda Civil, axentes medioambientais e bombeiros percorreron o centro da capitalidade da Pobra do Brollón ata o Centro de Saúde. No percorrido soaron as sirenas dos coches e tamén os aplausos dos veciños dende as súas casas e dos traballadores das tendas e farmacias abertas, que saíron dos seus establecementos para recibir a caravana.

No ambulatorio os participantes da caravana mantiveron un minuto de silencio xunto co persoal sanitario, polas persoas falecidas con coronavirus.

“É unha homenaxe de todos para todos, a todo este pobo que leva tantos días confinado, facendo un exercicio de compromiso e responsabilidade na loita contra o coronavirus e tamén a toda a xente que está en primeira liña e arriscando a súa saúde para preservar a de toda a poboación” declarou ao final do acto o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...