HomesociedadeMáscaras para os nenos de Quiroga e axudas para estudantes

Máscaras para os nenos de Quiroga e axudas para estudantes

O concello de Quiroga reparte máscaras infantís reutilizables e entrega a dos veciños da vila, na casa consistorial. Entre tanto reúnese a Comisión Avaliadora das axudas para estudantes convocadas polo Concello quirogués.

Publicado o

- Advertisement -

Os nenos de Quiroga de entre os 3 e os 13 anos reciben nos seus domicilios entre onte e hoxe, 30 de abril, as súas máscaras reutilizables. O concello comprou a tela para a realización de preto de duascentas máscaras reutilizables que foron confeccionadas por traballadores municipais en dous tamaños diferentes. Se no momento do reparto que se fará persoalmente non se atopan ninguén na vivenda, poderán achegarse a recollelas na casa consistorial a partir do luns.

En Quiroga xa se fixera un primeiro reparto de máscaras aos maiores de 70 anos e persoas con patoloxías por ser as máis vulnerables. Persoal municipal desprazouse a todos os núcleos do rural para entregar as máscaras, cubríndose a práctica totalidade dos veciños do rural, segundo sinalan desde o concello.

Os veciños da vila de Quiroga poden achegarse pola casa consistorial onde lles entregarán a través da ventá da fachada principal as súas máscaras. Dende o concello de Quiroga apelan á responsabilidade dos veciños para que aproveiten as saídas aos supermercados ou farmacias para recoller as mascaras” e que non saian a buscalas expresamente.

Aínda que nestes momentos no municipio non hai ningún caso positivo de Covid-19, o concello segue cos traballos de desinfección nas rúas e núcleos de poboación e especialmente naquelas zonas de máis tránsito das persoas.

Axudas estudantes

As axudas para estudantes que o concello convocou no pasado mes de decembro, cunha partida de 5.000 €, ían dirixidas a estudantes universitarios e de Formación Profesional empadroados en Quiroga.

Para ter dereito a estas axudas os estudantes tiñan que ser ademais dependentes economicamente (menores de 25 anos que conviviran no domicilio familiar antes do inicio do curso escolar e que non conten cun contrato de traballo). As axudas contemplan a matrícula do centro educativo, a adquisición de libros de texto ou material escolar e os gastos de transporte; sempre que se presente a documentación que os xustifique.

A falta de xustificación destes gastos foi a documentación que non se presentou nalgunha das trinta solicitudes recibidas,  polo que a Comisión Avaliadora notificará por escrito a cada caso, a documentación que deberán presentar e o prazo que terán para facelo, un prazo suficientemente amplo para permitirlles a entrega dos xustificantes de pago neste momento de crise sanitaria.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...