HomesociedadeA residencia do Incio celebra que todos dan negativo na Covid19

A residencia do Incio celebra que todos dan negativo na Covid19

A residencia do Incio celebra non ter coronavirus e recibe a felicitación do concello, que vén de anunciar que acondicionará coa colaboración da Xunta a contorna do edificio multiusos. As obras contarán cun orzamento de 113.095,18 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Incio está de noraboa ao dar negativo nas probas do coronavirus a totalidade de usuarios e traballadores da residencia, 114 residentes e 64 traballadores están libres de coronavirus. Os traballadores soltaron globos para celebrar a noticia e agradecer ás familias dos residentes e aos veciños do Concello o seu apoio e as súas mensaxes positivas. Pola súa parte, o Concello do Incio felicita a usuarios e traballadores, aos que agradece o seu enorme labor.

acondicionamento da contorna do Edificio Multiusos

O Consello da Xunta vén de dar luz verde para a execución das obras de acondicionamento da contorna do Edificio Multiusos do concello do Incio, por un importe de 113.095,18€. As actuacións propostas van encamiñadas a eliminar o “aspecto duro e gris” que proporciona o aglomerado asfáltico actual da praza. A maiores preténdese dotar á praza dun novo uso, engadindo un punto de estacionamento e servizo de autocaravanas. Dotarase de tres prazas, de dimensións suficientes e cos servizos correspondentes. Preténdense unha serie de actuacións encamiñadas á revitalización da zona da fronte do edificio multiusos que á súa vez o poña en relación coa praza do Concello, e que consisten en acondicionar a chaira de asfalto actual, introducir puntos verdes que lle dean unha escala máis humana, e á vez convértano en algo máis funcional á vez que agradable.

Daráselle un novo acabado á fachada acorde coas condicións estéticas do plan xeral de ordenación municipal. Búscase que este punto se converta no lugar de encontro do que actualmente carece a localidade, albergando actividades lúdicas e festivas: festas, xogos, espectáculos, deportes, mercadiños ou calquera acto público.

Multiusos O Incio / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...