HomesociedadeO Saviñao non cobrará as taxas por ocupación de espazo público ata...

O Saviñao non cobrará as taxas por ocupación de espazo público ata finais de ano

O Concello do Saviñao deixa sen efecto as taxas por ocupación de espazo público das terrazas ata finais de ano. Acordouse esta medida na segunda reunión da comisión de seguemento e coordinación do Covid-19.

Publicado o

- Advertisement -

A suspensión das taxas ten por obxecto axudar ao sector da hostalería a encarar a desescalada. Por iso, logo desta xuntanza, o rexedor trasladou o acordo adoptado aos empresarios nunha reunión producida no auditorio e na que estes amosaron a súa satisfacción pola iniciativa do Concello.

Armesto explicou tamén aos hostaleiros que ampliarán en todo o que estea permitido o espazo que ocupan no exterior dos negocios para que poidan colocar o maior número de mesas posible e repartirán a todos eles equipos de protección, “co fin, dixo, de darlles máis seguridade aos clientes”. Proveerán aos hostaleiros de máscaras, pantallas protectoras e desinfectarán estas ocupación todos os días dende as 8:00 ás 10:00 mañá, durante os meses de xuño e xullo.

Protección para perruquerías e máis doazóns

Na reunión de coordinación e seguimento do Covid-19 tamén deron conta de todo o material de protección adquirido con fondos propios e recibido das administracións públicas e de empresas como Confecciones Elper, Ogai, o colexio de Escairón e, a última,  de Comercial Quesera Campoverde, quen doou á entidade local 500 litros de leite para as familias con menos recursos do municipio.

“Estamos moi agradecidos  tanto da solidariedade da Xunta, da Deputación…, como das nosas empresas. Son doazóns moi importantes todas elas. Para eles, o noso recoñecemento público”, destaca.

O vindeiro luns os salóns de peiteado xa poden abrir as súas portas, o Concello tamén proporcionou aos 5 existentes no municipio diverso material de protección.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...