Homesociedade170 casos activos na provincia despois de rexistrar un novo falecemento este...

170 casos activos na provincia despois de rexistrar un novo falecemento este mércores

Este mércores aumentaba o número de falecementos na provincia a 27, un home de 69 anos que permanecía baixo atención hospitalaria a domicilio. 

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 7 de maio, a provincia de Lugo conta con 170 casos activos de coronavirus, 4 máis ca onte, dos que 6 están na UCI, 1 máis ca onte; todos eles no HULA. No Hospital da Mariña mantéñense 2 pacientes na UCI, pero deron negativo na Covid19 nas probas que se lles veñen de facer.

Dúas persoas están en hospitalización, igual ca onte; 1 na Mariña e outra no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

162 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 3 máis ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 689 altas e onte aumentaba o número de falecementos a 27, un home de 69 anos que permanecía baixo atención hospitalaria a domicilio. 

Os datos correspondentes á zona sur da provincia nas residencias de maiores e centros de atención a persoas con discapacidade mantéñense estables; despois de que onte se comunicara a curación dos 8 infectados na residencia de Taboada.

Residencia Taboada / Fundación San Rosendo

En Galicia o número de vítimas do coronavirus relacionadas con centros residenciais é de 266, o que supón un 45,4 por cento do total de mortes . Ás persoas falecidas en residencias de maiores hai que sumar outras 454 en atención hospitalaria: 122 na área sanitaria da Coruña, 93 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 29 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...