HomesociedadeO Incio habilita un espazo de terraza para os bares da capitalidade

O Incio habilita un espazo de terraza para os bares da capitalidade

O Goberno local estuda condonar os impostos e taxas municipais a todos os negocios que cesaron a actividade por mor do estado de alarma.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio habilitou esta semana un espazo de terraza para o uso dos bares da capitalidade, a maiores do que xa ten cada un deles. Así, os dous bares que hai contarán con tres postos debidamente divididos na Praza do Concello para que poidan empregar cando decidan retomar a actividade.

Trátase de casetas de madeira que foron repartidas en seis espazos iguais, cunha división lateral e un teito de palla, que ocupan unha superficie total de 80 metros cadrados. Un espazo aberto, con sombra, no que os adultos tamén poden levar aos nenos para que xoguen gardando as medidas de seguridade.

O Concello apostou por esta solución para recordar a necesidade de manter as distancias entre persoas e evitar contaxiarse da COIV-19. Este espazo de terraza será gratuíto para os hostaleiros e será desinfectado de xeito permanente polo Concello para garantir a súa limpeza.

Taxas e impostos municipais

O Goberno local estuda condonar os impostos e taxas municipais de todos os negocios que tiveran que pechar as súas portas por mor do estado de alarma. Todos eles serán informados para que saiban como solicitar esta axuda.

Estas medidas, que se verán completadas con outras nas que xa traballa o Concello, pretenden ser unha axuda para todos aqueles traballadores que viron a súa actividade afectada e sufriron unha diminución nos seus ingresos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...