IniciosociedadeO autobús urbano de Monforte volve a funcionar o día 11

O autobús urbano de Monforte volve a funcionar o día 11

O servizo de transporte público de viaxeiros foi suspendido o pasado 14 de marzo por mor do Estado de Alarma. Suspendérase temporalmente este servizo, debido a que podía converterse nun espazo de alto risco de contaxio por parte dos seus usuarios. Pero un decreto da alcaldía pono en marcha novemente desde o día 11.

Publicado o

- Advertisement -

A recente posta en marcha do Plan para a Transición para a Nova Normalidade do Goberno de España, que prevé a desescalada por fases do confinamento, permitiu a reactivación deste servizo de transporte urbano en Monforte, toda vez que o vindeiro luns dará comezo en Galicia o inicio da Fase 1 da citada desescalada.

No decreto asinado polo Alcalde para a reactivación deste servizo, tamén se recollen as medidas indicadas polas autoridades sanitarias para o uso do bus urbano, que deberán ser seguidas por todas as persoas que fagan uso deste servizo.

As medidas de seguridade e saúde son as seguintes:

  • O uso de mascarillas que cubran o nariz e a boca será obrigatorio para todos os usuarios do transporte de autobús urbano. O Concello proporcionou á empresa encargada deste servizo mascarillas sanitarias para que o condutor llas proporcione ós usuarios que suban ó bus e non dispoñan dela, xa que é obrigatorio o seu uso nos transportes públicos.
  • Os traballadores do servizo de transporte que teñan contacto directo cos viaxeiros deberán ir provistos de mascarillas e ter acceso ás solución hidroalcohólicas.
  • Procurarase a máxima separación posible entre os viaxeiros, de tal maneira que non poderán ser ocupados máis da metade das prazas dispoñibles respecto do máximo permitido, eliminando as prazas de pé.
  • Sendo as filas dos autobuses de 3 asentos, unicamente poderán ser ocupadas deixando un asento libre entre os usuarios, utilizando as prazas dos extremos, poderán ter unha ocupación máxima de dous usuarios por fila de asentos.
  • En todo caso, nos autobuses manterase sempre baleira a fila posterior á butaca ocupada polo condutor.

O novo bus urbano de Monforte é un caso único en Galicia e practicamente en toda España xa que, ademais de contar cun vehículo novo, moderno, adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade, e accesible a todos os cidadáns, o servizo destaca por ser de carácter gratuíto para todos os seus usuarios.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...