HomesociedadeXa poden tramitarse permisos para queimas en terreos forestais

Xa poden tramitarse permisos para queimas en terreos forestais

Dende este luns, 11 de maio, poden solicitarse de novo autorizacións para queimas en terreos forestais, así como efectuar comunicacións para as rexistradas en parcelas agrícolas.

Publicado o

- Advertisement -

Levántase así a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada o pasado 16 de marzo, despois de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase o pasado venres a correspondente resolución da Consellería do Medio Rural.

A Xunta decidiu tramitar de novo as queimas en terreos agrícolas e forestais pola propia extensión da duración temporal do estado da alarma, polos datos de evolución positiva da emerxencia sanitaria e polas últimas medidas adoptadas polo Goberno central.

Para  iniciar a tramitación, mentres non estean abertas ao público as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán  utilizar dúas vías: chamar ao teléfono 012 ou ben empregar a vía telemática dende o enderezo web https://queimasweb.xunta.gal.

Nas autorizacións xa notificadas e ás comunicacións xa efectuadas que quedaran sen efecto durante a emerxencia sanitaria, os interesados deberán solicitar nova autorización ou realizar nova comunicación para levar a cabo a queima.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...