IniciosociedadeO PP pide unha estratexia nacional para paliar os efectos da crise...

O PP pide unha estratexia nacional para paliar os efectos da crise no sector vitivinícola da Ribeira Sacra

Os senadores lucenses, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, veñen de presentar unha moción, a través da que instan ao Goberno central a deseñar unha estratexia nacional que minimice a repercusión neste sector.

Publicado o

- Advertisement -

Os populares consideran necesario que se habilite unha liña de axudas para o almacenamento privado temporal, de forma que a súa comercialización se poida aprazar sen sobrecargar os mercados; a aprobación dun plan estratéxico para a súa internacionalización, comprometendo os recursos económicos para favorecer a exportación e desenvolver accións dirixidas a promover o consumo interno para asegurar a rendibilidade e o futuro da produción.

O coronavirus supuxo un cambio importante nas canles de distribución e a suspensión de eventos comerciais ou feiras tamén paraliza a acción comercial. A non celebración de Alimentaria, o Salón Gourmet ou o World Oil Oil Exhibition e feiras como Prowein, Vinitaly, Foodex (Xapón) ou Interwine (China), supón unha desaceleración do mercado e, polo tanto, do consumo; segundo os populares.

Esta crise sanitaria tamén trouxo consigo a cancelación total de festivais e feiras, como as de exaltación do viño, festivais onde viticultores e colleiteiros venden o seu produto; eliminándose así, din desde o PP “un escaparate moi importante para presentar os caldos, xunto ao patrimonio histórico e cultural”. Nesta situación, segundo os populares, as pequenas adegas e colleiteiros perden unha oportunidade esencial para promocionar o seu produto e presentalo ás diferentes catas populares que teñen lugar nestes eventos.

Segundo os expertos, o saldo global previsto é unha diminución do consumo, unha redución dos prezos medios e, polo tanto, unha diminución global do valor total de vendas, facturación e marxes. A situación empeorará, segundo o PP, cando se está a 4 meses da vendima onde “moitos produtores veranse na obriga de abandonar a súa colleita ou pechar os seus negocios.”

Datos nacionais

Os populares extrapolarán a súa petición ao conxunto do país, pois son varias as rexións de España que producen viño, ademais de Galicia e, en particular, a Ribeira Sacra. Segundo datos da Organización Internacional da Viña e do Viño, somos o primeiro país do planeta en termos de viticultura e un dos principais produtores de viño e outros produtos de uva. Tamén somos o país líder na zona de viñedo, con 969.000 hectáreas plantadas de viñas. É un sector cunha produción anual de viño moi importante. Tal é así que España, con 44,4 millóns de hectolitros, tan só é superada por Italia (54,8 millóns de hectolitros) e Francia (48,6 millóns de hectolitros).

Xunto á súa importancia económica e á súa indubidable contribución á creación de emprego nas áreas produtoras, cómpre engadir o seu indubidable valor ambiental polas súas contribucións ao mantemento da diversidade, da paisaxe e das súas contribucións á captación de CO2.

A Federación Española do Viño (FEV) realizou unha consulta entre os seus asociados para coñecer o impacto que a crise causada polo coronavirus está a ter nas adegas españolas. Segundo os resultados da consulta, todas as adegas están a verse afectadas pola situación actual e só o 4% delas consideran que lles afecta “pouco”; mentras que o 96% manifesta que lles afecta “bastante”, “seriamente” ou “moi seriamente”. Por tamaño, as grandes empresas, que teñen canles de venda máis diversificadas, están un pouco menos afectadas, pero todas as empresas prevén danos graves nos seus negocios, esperando que a súa facturación caia durante os primeiros catro meses do ano (de xaneiro a abril) case o 35%.

ÚLTIMAS

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares....