HomesociedadePouco a pouco volven as feiras

Pouco a pouco volven as feiras

O Concello de Castro Caldelas celebrou este luns, 18 de maio, a primeira feira da desescalada.

Publicado o

- Advertisement -

Está claro que hai ganas de feira, e paso a paso os concellos da Ribeira Sacra van organizando as primeiras no paseniño camiño cara a denominada “nova normalidade”.

Segundo nos informan do Concello de Castro Caldelas, “este luns celebrouse o mercado con total responsabilidade dos feirantes, dos veciños e veciñas e de visitantes que se achegaron á Feira do 18 no Castro”. Explican tamén que os servizos de Protección Civil e Emerxencias do concello controlaron que se cumpriran as distancias entre postos agrarios e alimentarios, que non houbese xente amoreada e ao remate procederon á desinfección de colectores de lixo, papeleiras, prazas, rúas e entradas de establecementos.

Postos na Feira de Castro Caldelas

A alcaldesa, Sara Inés Vega, comentaba tamén que o público portouse moi ben, a xente mantivo as distancias esperando a súa quenda para ser atendida e tanto a hostalería como as pulpeiras respectaron as directrices de xeito responsable.

Como anécdota, contar que Xosé Miguel Pérez, alcalde do concello veciño de San Xoán de Río, estivo presente na feira e publicou no seu perfil de Facebook: “hoxe, vendo a responsabilidade e o bon facer da xente que acudíu á feira en Castro Caldelas, podemos indicar que estamos preparados en San Xoán de Río para voltar ás feiras”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...