IniciosociedadeSober reabre a súa Oficina de Turismo

Sober reabre a súa Oficina de Turismo

A Oficina foi preparada atendendo ás recomendacións preventivas de saúde laboral ante o COVID-19 para as Oficinas de Información Turística elaboradas pola Xunta de Galicia. O horario de apertura será de xoves a domingo de 09:30 a 14:30 horas.

Publicado o

- Advertisement -

A guía de boas prácticas aplicouse nestas instalacións para garantir a saúde no ámbito laboral das persoas traballadoras e tamén para ofrecer todas as garantías aos usuarios.

Antes de retomar a actividade fíxose unha limpeza e desinfección a fondo, que se seguirá levando a cabo de forma periódica. Vaise garantir a distancia de seguridade de dous metros na atención ao público e cumprir coas normas sobre o aforo. Para iso foron instalados elementos de protección e barreiras, como unha mampara, carteis e adhesivos informativos.

Tamén se colocaron dispensadores de xel e será obrigatorio o uso das máscaras. Así mesmo, elimináronse os folletos turísticos, que só serán manipulados polo persoal municipal.

Oficina Turismo Sober / concello de Sober

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...