HomesociedadeVÍDEO: Así se confinou Monforte

VÍDEO: Así se confinou Monforte

Nese tempo os días pasaron coas rúas baleiras nas cidades, as casas cheas de información, os datos de falecidos e casos activos, o traballo diario de desinfección e vixilancia, os animais recuperando o seu espazo, a primavera avanzando, os aplausos e desfiles de sirenas, o exército... e pouco a pouco comezaron as medidas de alivio.

Publicado o

- Advertisement -

O 13 de marzo o presidente da Xunta decretaba a alerta sanitaria co peche de bares e comercios. Un día despois o presidente do Goberno anunciaba o estado de alarma, aseguraba que España se enfrontaba a “unha emerxencia de saúde pública que require decisións extraordinarias, a situación non é estática e hai que ir adaptándose a este escenario tan dinámico.” Dous meses e 10 días pasaron desde entón, dous meses nos que España estivo na casa, confinada.

Nese tempo os días pasaron coas rúas baleiras nas cidades, as casas cheas de información, os datos de falecidos e casos activos, o traballo diario de desinfección e vixilancia, os animais recuperando o seu espazo, a primavera avanzando, os aplausos e desfiles de sirenas, o exército… e pouco a pouco comezaron as medidas de alivio.

Como se viviu todo isto en Monforte recolleuno, dentro das limitadas posibilidades de movemento, Némesis Audiovisual. O obxectivo, ter un documento vivo do que vivimos e poder conservalo no tempo. Xa Némesis Audiovisual desenvolvera o pasado ano a campaña do CCU na que todos os establecementos pechaban as súas portas para transmitir o que significaría unha cidade sen comercio. Se daquela houbo que crear un escenario de rúas baleiras, nesta ocasión, a Covid19 preparou os decorados meténdonos a todos na casa.

Así viviu Monforte o confinamento e o comezo da desescalada; a maiores quedan ducias de anécdotas e rarezas que sempre se atoparán nas redes e na memoria da xente.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...