HomesociedadeAsí se vai abrindo a Ribeira Sacra para recibir visitantes

Así se vai abrindo a Ribeira Sacra para recibir visitantes

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra enviou novamente un breve formulario ás empresas do tecido turístico de Ribeira Sacra para coñecer as previsiós de apertura durante esta fase 2. O Consorcio de Turismo está a preparar kits de protección persoal para ter a disposición  dos visitantes nas oficinas de turismo.

Publicado o

- Advertisement -

O 37 % dos aloxamentos que participaron nesta rolda de preguntas afirma que abrirá as súas portas ou xa abriu na Fase 1, pero só un 11% dos mesmos conta con algunha reserva para o período que vai ata o 8 de xuño. Gañan peso as aperturas dos apartamentos, vivendas de uso turístico e turismo rural no conxunto de establecementos.

Dos 35 establecementos de aloxamento, 31 conta xa con reservas para xullo e agosto. En menor medida, comezan a rexistrarse tamén reservas para setembro. O 50% recoñece que na última semana recibiron un maior número de reservas, aínda que son poucas. Son optimistas de cara ás próximas semanas.

Comezan a abrir os restaurantes, oficinas de turismo, museos e outros servizos complementarios. Supoñen preto do 30% nos seus respectivos subsectores. Os que deciden non abrir, fano por prudencia fundamentalmente. Prefiren agardar á seguinte fase ou ao final do plan de transición.

As empresas que abren incorporan, na maioria dos casos, a todo o seu persoal ao tratarse, en boa parte, de empresas moi pequenas. O 100% dos que respostaron a ese novo formulario, e que xa abriron na Fase 1, recoñece que o volume da actividade foi segundo as súas expectativas e están conformes.

KITS DE PROTECCIÓN PERSOAL

O Consorcio de Turismo está a preparar kits de protección persoal para ter a disposición  dos visitantes nas oficinas de turismo. Serán destinados a aquelas persoas que extravían, deterioran ou esquecen a súa máscara, por exemplo.  Non se trata dun agasallo ou souvenir, senón de contar cun mínimo stock de elementos de protección en cada punto de información para os casos xustificados.

Este material complementará o que podan suministrar dende os Concellos ou demais Administracións. Tamén reservará unha partida deses elementos de protección para persoas que traballen no sector turístico, sempre que non sexan suficientes as diversas iniciativas do sector público e entidades asociativas que están tratando de garantir a subministración deses materiais.

Oficina Turismo Sober / concello de Sober

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...