HomesociedadeMicrobioloxía baixo mínimos no Hospital de Monforte?

Microbioloxía baixo mínimos no Hospital de Monforte?

A central sindical de CIG-SAÚDE, no Hospital Público de Monforte, quere denunciar a non cobertura do microbiólogo nos seus días libres e o que iso supón; todas as probas de microbioloxía durante os próximos 15 días vanse mandar a Lugo en taxi, aseguran.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG Saúde asegura que, nesta situación, as probas que se recollan o venres quedarán na neveira ata o luns, “o que fará que moitas se estraguen, como é o caso dos ouriños”. Tamén aseguran que cando se pida algo urxente, como os hemocultivos, non se vai saber o resultado ata o día seguinte.

Segundo o sindicato, esta situación demostra as “mentiras do SERGAS cando nos quitaron a área sasnitaria. Decían que era porque ían vir médicos de Lugo, ainda os estamos esperando.”

O sindicato denuncia tamén que o Hospital conta cun aparato preparado para facer as PCR (probas do coronavirus) desde o día 1 de abril, e as probas non se fan en Monforte, mándanse tamén a Lugo en taxi dúas veces o día. Din non entender esta medida da dirección cando de facerse en Monforte as probas, tardarían aproximadamente 50 minutos e ao mandalas a Lugo tardan 3 días.

“Xa se ten dado o caso de mandar a traballadores 3 días para a casa illados, por estar pendentes do resultado e despois ser negativo. Lembramos que aquí se sabería o resultado en 50 min,” sinala a CIG Saúde e pídenlle ao Director que deixe de enviar probas a Lugo e pida que se fagan no hospital e que pida un microbiólogo para cubrir as libranzas.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...