HomesociedadeA licitación a rehabilitación do primeiro albergue público do Camiño de Inverno

A licitación a rehabilitación do primeiro albergue público do Camiño de Inverno

A Xunta de Galicia vén de publicar a licitación para rehabilitar o Pazo Bispal de Diomondi, no concello do Saviñao, que se converterá no primeiro albergue de xestión autonómica situado no Camiño de Inverno.

Publicado o

- Advertisement -

Esta actuación, que se enmarca no Plan de Albergues, inclúe unha achega de máis dun millón de euros para facelo mellorando a eficiencia enerxética e readaptando a distribución do inmoble ás necesidades dos peregrinos que percorren esta Ruta Xacobea.

As actuacións inclúen a apertura de novos ocos para a iluminación natural, a reparación de gretas nos muros, a reconstrución de muros exteriores e a conservación das envolventes e edificacións anexas. Ademais, renovarase a estrutura, os pavimentos de madeira, os forxados, as mamposterias e as carpinterías. O prazo estimado de execución é de 15 meses.

Ao remate deste proceso o Pazo Bispal de Diomondi quedará distribuído en dous andares con catro dormitorios. Dous estarán na planta baixa, onde tamén se habilitará unha zona de recepción e de atención ao peregrino, un salón de usos múltiples e aseos. Os dous restantes estarán na planta alta xunto cunha zona de aseos, unha cociña, un cuarto de limpeza e unha sala de lecer. En total, este novo albergue ofrecerá un máximo de 33 prazas, unha das cales estará reservada para peregrinos con mobilidade reducida.

Diomondi / Delegación Territorial

O proxecto tamén inclúe o acondicionamento dunha edificación auxiliar que se proxecta unha zona de servizo composta por o lavadoiro, tendedeiro e un cuarto para bicicletas e unha zona para aloxar as instalacións das subministracións do complexo.

A actuación prevista no Pazo Bispal Diomondi permitirá mellorar os servizos que se ofrecen aos peregrinos que percorren o Camiño de Inverno, un trazado que conta cun gran potencial de crecemento e que só no ano pasado foi percorrido por máis de 1000 persoas, o que supón un incremento de preto do 50%. Ademais, é unha ruta que transcorre pola Ribeira Sacra, a candidata de España para ser declarada Patrimonio Mundial pola Unesco no ano 2021 e un territorio singular que supón un exemplo sobranceiro da acción conxunta das persoas e a natureza.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...