HomesociedadeAs rutas en catamarán pola Ribeira Sacra arrancan o 13 de xuño

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra arrancan o 13 de xuño

As embarcacións reducen o seu aforo ao 50% de forma inicial, modifícanse os horarios das viaxes, prevendo saídas espaciadas para minimizar o número de persoas que estarán de maneira simultánea nos embarcadoiros.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación reactivou o encargo á empresa pública Tragsa para a prestación do servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra. As viaxes retómanse con medidas de seguridade a partir do vindeiro sábado 13 de xuño continuarán ata final de ano. O encargo do servizo fora suspendido pola Declaración do Estado de Alarma.

“A posta en marcha deste servizo é unha moi boa noticia para o sector hostaleiro e turístico, e tamén para o comercio da nosa provincia porque axudará a reactivar a súa actividade unha vez superada a etapa máis dura da pandemia”, explicou Tomé Roca en rolda de prensa. Ademais, lembrou que precisamente ese é o principal obxectivo que persegue a campaña EN LUGO, SI que vén de lanzar a Deputación para reactivar o consumo no comercio, a hostalería e o turismo.

As embarcacións reducen o seu aforo ao 50% de forma inicial, modifícanse os horarios das viaxes, prevendo saídas espaciadas para minimizar o número de persoas que estarán de maneira simultánea nos embarcadoiros. No caso do embarcadoiro Ponte do Sil as embarcacións ofertarán ata 5 horarios diferentes para poder realizar as viaxes e o límite de aforo fíxase para 26 pasaxeiros nunha e de 53 na outra. No caso de Belesar, poderán viaxar de cada vez 31 pasaxeiros, con flexibilización horaria. Prorizarase  a compra de billetes na web reservas.rutasembalses.es,  Instalaranse paneis informativos para lembrar todas as medidas de seguridade e habilitarase información turística e a infografía para descargar mediante códigos QR.

García Porto indicou que realizar unha visita en catamarán pola Ribeira Sacra a través do servizo da Deputación “é unha opción de natureza, lonxe de masificacións e pretiño da nosa casa ao que podemos chegar en transporte individual ou colectivo, facer unha viaxe en catamarán pódese combinar  con outras múltiples ofertas de lecer que nos permiten gardar as distancias e seguir descubrindo e redescubrindo novos lugares”.

Catamarán do Miño / Luis Antonio Ramón

Horarios

Embarcadoiro Ponte do Sil

Xuño (dende o día 13)

  • Embarcación 1 (26 prazas) -> De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
  • Embarcación 2 (53 prazas) -> De luns a domingo: 11:30h e 17:30h

Xullo e agosto

  • Embarcación 1 (26 prazas) -> De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
  • Embarcación 2 (53 prazas) -> De luns a domingo: 11:30h e 17:30h

Setembro

  • Do 1 ao 13: Embarcación 1 (26 prazas) -> De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
  • Do 1 ao 13: Embarcación 2 (53 prazas) -> De luns a domingo: 11:30h e 17:30h
  • Do 14 ao 30: Embarcación 1 (26 prazas) -> De luns a domingo: 11:00h e 16:00h
  • Do 14 ao 30: Embarcación 2 (53 prazas) -> De luns a domingo: 11:30h e 17:30h

Outubro

  • Embarcación 1 (26 prazas) -> De mércores a domingo e o día 12: 11:00h, 16:00h
  • Embarcación 2 (53 prazas) -> De mércores a domingo e o día 12: 11:30h e 16:30h

Embarcadoiro Belesar

Xuño (dende o día 13)

31prazas -> De mércores a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h

Xullo e agosto

31 prazas -> De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h

Setembro

  • Do 1 ao 20: 31 prazas -> De luns a domingo: 11:00h, 16:00h e 19:15h
  • Do 21 ao 30: 31 prazas -> De luns a domingo: 11:30h e 16:30h

Outubro

31 prazas-> Venres, sábado e domingos e o día 12: 11:30h, 16:30h

ÚLTIMAS

27 de xuño de Portas Abertas no servizo de atención temperá de Quiroga

Dende o Servizo de Atención Temperá tiveron a iniciativa de reunir a todos/as os...

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....