HomesociedadeO PP reclama a posta en servizo da área recreativa de Augas...

O PP reclama a posta en servizo da área recreativa de Augas Mestas

O portavoz popular, Javier Castiñeira, visitou este complexo pouco antes do inicio da crise sanitaria e volveu a Augas Mestas nos últimos días. Despois destas visitas asegura que "se estas instalacións non están operativas só é debido á desidia na xestión por parte do equipo do socialista, José Tomé."

Publicado o

- Advertisement -

O grupo provincial do PP anuncia a presentación dunha moción para reclamar da Deputación que dea os pasos oportunos para reabrir canto antes estas instalacións, “que pese aos anos de abandono aínda ofrecen unhas condicións xerais perfectamente adaptadas ás esixencias do turismo fluvial a día de hoxe.”

Este complexo conta con zona de cámping, área recreativa, aparcadoiro para autocaravanas, cafetería, piscina, aseos e duchas, entre outros. No ano do 2004 acometéronse obras de ampliación consistentes en cinco bungalós e a rehabilitación de varias edificacións. Dende esta ampliación o complexo funcionou só durante dous anos. Coa chegada do bipartito á Deputación, o complexo deixou de funcionar e as instalacións sufriron accións de vandalismo.

O organismo provincial executou obras nas instalacións, concretamente no ano 2017, por importe de 83.656,99 €., coa finalidade de repoñer os elementos afectados polo vandalismo e  polo paso do tempo, pero o complexo non volveu abrir as súas portas. No ano 2015 a Deputación adxudicou a xestión do complexo a unha empresa privada, pero despois de diversas incidencias, a día de hoxe continua pechado.

O portavoz popular desprazouse a Augas Mestas á vista das queixas expresadas tanto por lucenses que non entenden que este complexo siga sen uso, como do propio Concello de Quiroga. Castiñeira di: “As características destas instalacións están perfectamente adaptadas ao que requiren os usos propios do turismo de natureza, o que demostra a seriedade coa que foron deseñadas no seu momento polo goberno provincial presidido por Francisco Cacharro”.

Augasmestas visita Castiñeira / PP provincial

O mesmo representante do PP sinala: “Augas Mestas está inutilizada e abandona pola deficiente xestión turística do actual goberno. Son unhas instalacións modernas nun enclave natural marabilloso na Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio da Humanidade, totalmente adaptadas ás novas tendencias. É inconcibible que se deixen caer instalacións que tanto costaron ás arcas públicas. Pérdese a posibilidade de obter ingresos para a Deputación”.

Javier Castiñeira di que “única xestión do goberno bipartito en relación co turismo fluvial lucense se limita a prorrogar reiteradamente con Tragsa o servizo de catamarán, sen melloralo, e a desinvestir no que noutros anos foi unha verdadeira estratexia  da Deputación para o turismo fluvial lucense”.

ÚLTIMAS

Foliada Guímara este venres en Fornelas

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo...

Oferta pública de ciclos para o novo curso no IES A Pinguela

O IES A Pinguela informa estas semanas da oferta de ciclos para o vindeiro...

Ciberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Este mércores 12 de xuño celebrábase a inauguración das XVII Xornadas Xurídicas Román García...

‘Patacón de Abadía’, tapa gañadora do Chantapas 2024

Tras tres días de Chantapas, desde o venres 7 ao domingo 9 de xuño,...